viernes, 20 de febrero de 2015

Paseo dos Templarios

Levamos moitos días con ganas de sair a facer a ruta dos Templarios e ver lugares nos que hai moitos anos estaban e protexían ós peregrinos do camiño inglés, pero polo mal tempo non puidemos, así que onte, aproveitando que non chovía, decidimos facelo.

Primeiro fixemos cinco grupos, e preparamos uns mapas nos que marcaríamos certos elementos que eran da época dos templarios: A parroquia de Santa María do Temple; a ponte romana, que se restaurou na idade media e onde os templarios coidaban a ría do burgo e o Portofaro onde había mercados medievais e tabernas para os peregrinos; os escudos de Cambre e Culleredo que na ponte marcan onde acaba un concello e empeza o outro; e o Punto Kilométrico que hai ó final da ponte que nos dí que faltan 64 kilómetros ata Santiago.


Abrigámonos moi ben, que ainda que non chove, vai moito frío! E saímos do cole polo Paseo dos Templarios.


Primeira parada!! A Parroquia de Santa María do Temple! Onde se bautizou Raquel!


A segunda parada foi a Ponte do Burgo.


Na ponte, mesmo no medio, atopamos os Escudos.

Pablo tiña o escudo de Cambre


E Andrea tiña o de Culleredo


Seguimos andando ata chegar á outra orilla do Río Mero e Miriam atopou o Punto Kilométrico do Camiño Inglés que nos leva a Santiago


Pero tamén vimos outras cousas como por exemplo:

A espada que lle ensinou a nai de Mikel


Outros Escudos que ainda temos que investigar que significan


Uns carteis que nos leeu Lucía T.


 A fonte dos peregrinos


 E despois xa seguimos o camiño ata Santiago... bueno, en realidade fomos para o cole...




Cando chegamos á clase e despois de xogar no patio e merendar, cada equipo marcou nun mapa o recorrido que fixemos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario