lunes, 24 de noviembre de 2014

Imos ao Cine!

Hoxe fomos de excursión! 
Chegamos á clase e nin sequera quitamos os abrigos, pasamos lista e puxémonos na fila, xa que tíñamos que coller o autobús para ir á Coruña.
O condutor dounos un paseiño: primeiro collemos a autopista e fomos por Alfonso Molina, e despois pasamos polo Porto da Coruña, os xardíns de Mendez Nuñez e vimos unhas obras grandísimas, toda a carretera chea de buratos! 
Cando parou o autobús, sacamos os cintos, e coa axuda das profes fomos ao Centro Galego de Artes da Imaxe. No recibidor ten unha cristalera moi bonita.



Todos miramos para arriba e dixemos o que víamos:
Tiene una calavera!
Y conchas!
La Torre Eiffel!!
Noo!, es la Torre de Hércules!

Xa era a hora da película! Entramos na sala de cine e sentamos.


Dalí a un pouco apagáronse as luces e comezou a función!


Cando remataron as películas demos un aplauso e xa nos fomos para o autobús.
O camiño de volta fíxose máis curto e pasamos cerca de lugares moi coñecidos.
Chegamos á clase e merendamos, despois fixemos uns debuxos sobre o que máis nos gustou das películas de Cocorico e por último xogamos coa plastilina. Algúns nenos fixeron a Cocorico!



Cando a profe nos dixo que recolléramos, pensábamos que íamos ao patio, pero non... xa era hora de ir para a casa! Vaia día de cole máis raro!

Froitos do Outono

Durante dúas semanas estivemos traballando cos froitos do outono.
Cada neno escribeu unha nota sobre a froita que quería traer á aula, así que ao día seguinte xa tivemos no recuncho varias froitas:


Coa axuda dunha táboa escribimos os datos de cada froita: o nome, a cor, a textura, o tamaño e o peso


 

Cando xa rematamos de facer as táboas, a profe púxonos en gran grupo e dounos unha froita de cada (menos de plátano, que xa o tivéramos que tirar...) e xuntámolas todas nunha mesa. Buscamos a máis grande, a máis pequena, comparando unhas con outras e descartando. Por último puxémolas en orde de tamaño.





A continuación, xa que as tíñamos moi ben colocadas, a profe Blanca cortounas pola metade e pudemos ver como son por dentro, ainda que o interior de moitas froitas xa o sabíamos. os que máis nos chamaron a atención foron a Granada e o Caqui. 



Ao cortalas, vimos que algunhas froitas botaban líquido, e a profe explicounos que son froitos Carnosos, e que hai froitos que non teñen zume, que se chaman froitos Secos. Estes datos utilizámolos para facer unha clasificación para o noso libro das froitas do outono. Donde tamén engadimos os debuxos das Froitas por Dentro, que fixemos a continuación: 




A Andrea ocorreuselle a idea de facer un mercadillo de froita, para xogar un pouco no recuncho sorpresa, pero a froita xa se estaba poñendo mala... entón, decidimos facer as froitas de plastilina e así puidemos xogar durante varios días... ainda temos o mercadillo montado na clase!




viernes, 14 de noviembre de 2014

11 de Novembro: San Martiño

Seguimos coas festas populares galegas, e chegou o San Martiño.

"Polo San Martiño
Trompos ao camiño"

Tal e como dí o refraneiro popular, antigamente a partir do mes de novembro xogábase moito cos trompos ou peons. Nós xa os conocemos, xa que temos algúns na casa. E son de todos os tipos! Os tradicionais de madeira e con corda, outros que teñen un mecanismo para bailalos... Algúns nenos e nenas trouxeron os seus da casa para que os viramos e xogáramos con eles.

Pero para ter un recordo desta festa, reutilizando cartón e ceras fixemos os nosos trompos. Mirade que ben nos quedaron!


Despois estivemos un tempo intentando bailalos... costou un pouco coller a técnica, pero conseguímolo!!

   









lunes, 10 de noviembre de 2014

O Magosto dos parrulos

A semana pasada, como xa sabedes, celebrouse o Magosto no cole, e na nosa aula traballamos todo o relacionado con esta festa.

O martes, cando chegamos e despois de pasar lista e facer as rutinas, falamos un pouco do que era o Magosto: 

"Es una fiesta"
"Es cuando comes las castañas"
"Hacemos una fiesta en el cole"
"Nos sentamos en círculo"
"Asan las castañas y las comemos"
"Si no se asan, no somos capaces de abrirlas"

Entón falamos un pouco do arbol que da as castañas, como se chama? Como nacen as castañas?

"Castaño"
"En galego Castiñeiro"
"Las castañas salen del erizo"
"Primero el erizo cae y después sale la castaña"
"En el cole tenemos erizos y castañas"

Pois alá nos fomos, a ver o Castiñeiro do colexio:



Unha vez alí, buscamos polo chan ourizos, castañas e follas do castiñeiro


E levámolos para a clase


Miramos as follas que estaban na arbore, ainda verdes, e as que estaban no chan que xa estaban de cor marrón. Os ourizos, algúns cerrados, outros abertos, nos que puidemos ver as castañas asomando.

Lucía T. díxonos que na casa escoitou unha cantiga de Castañas, e a profesora de Música tamén nos ensinou unha para cantala o día do Magosto con todo o cole.

Tamén traballamos distintos refráns, e cada neno e nena copiaron un nunha castaña de papel e puxémolos nos nosos libros da Castaña

Tamén contamos un conto: A Castañeira. e cada grupo fixo o seu, coloreando os debuxos en equipo.



E o venres fomos á festa do Magosto, todos preparados cos "castañeiros" que fixemos na casa con axuda das nosas familias



Cando saímos, cantamos todo o cole a cantiga do Magosto, que ben nos saleu!!!


Por último fomos coller as nosas castañas asadas e sentamos a comelas.

A algúns non lles gustaron moito, pero polo menos probámolas e compartimos cos nenos e nenas aos que sí lles gustaban.



Pasámolo moi ben!

lunes, 3 de noviembre de 2014

Xoves de Samaín!!

A semana pasada estivemos traballando o medo, con motivo do Samaín.
No noso recuncho tiñamos contos sobre monstros e a profe Gina deixounos "O dragón Comemedos"
Despois falamos sobre as cousas que nos dan medo e a profe díxonos que no cole había tamén un Monstro Comemedos que se alimenta dos medos da xente e así nós libraríamonos deles... 
Así que fixemos os nosos debuxos, firmamos e fomos levalos...

Pero antes pensamos que estaría ben facer un conxuro e unha pócima para que os medos non volveran así que entre todos pensamos que conxuro podíamos facer, a profe escribeu no encerado e decidimonos por un:

Despois fixemos a nosa Pócima, cun esquelete, unha cabaza, serpes, sapos e morcegos, puxémola a cociñar e cando contamos ata 10, lista! Xa podíamos mollar os nosos medos nela e levarllos ao Monstro!


Despois aproveitamos e demos unha volta pola exposición das caretas de Samaín, e atopamos as nosas!!



Tamén nos gustou moito o cartel do Samaín, no que había as pernas dunha bruxa!! 

Cando fomos para a clase, a profe Gina deixounos unhas pinturas para a cara e, como pudestedes ver cando nos fostedes recoller á saída... pintámonos case todos!!




O Moucho Leroucho visítanos!

O xoves pasado recibimos a visita do Moucho Leroucho, e fomos á biblioteca xunto coa clase de Gina a ver o que nos viña contar...

O Moucho veu acompañado do fillo duns amigos que foran de viaxe, un bebé porquiño, que ainda que pasou a maioría do tempo durmindo, tamén nos fixo rir cando falaba e falaba e cando comía o biberón... 


Como veu co porquiño ocorreuselle contarnos contos de porcos. 
No primeiro un porco quería casar e tíñamos que repetir: Vaia, vaia! 
E o segundo é un conto que xa coñecemos.... Os tres porquiños


Despois de contarnos o conto, fixemos unha representación


Que ben o pasamos!

Despois o Moucho trouxo uns libros para que vexamos na clase.

Moitas gracias por vir e facérnolo pasar tan ben!