miércoles, 29 de octubre de 2014

Protagonistas de Outubro

Este mes, ainda con todo o que fixemos, sacamos un tempo para adicarlle aos nosos protagonistas da semana...

Lucía C., Miriam, Antía e Nicolás

Aquí están coas súas exposicións!







Exposición das nosas "Medoalidades"



Pasámolo moi ben facendo todas estas manualidades de medo ou "medoalidades" 

Concurso de Samaín

Polo Samaín fanse moitas actividades no cole, como a exposición de caretas, o monstro comemedos... 

Outra actividade é o concurso no que cada clase adorna a súa porta, nós apuntámonos sen dúbida!

Investigamos un pouco e gustounos unha idea que vimos na rede, así que alá fomos.

Quitamos unhas fotos poñendo "cara de asustar" e escollemos uns debuxos de pantasmas que recortamos (ou picamos) e nos que pegamos as nosas caras...

Quedaron moi chulos.

A profe colocou un papel azul e un castelo encantado cunha lúa chea... 



Rápidamente a fomos enchendo...






Este foi o resultado:



Gústavos? A nós gustounos moito participar neste concurso.

Que gane o mellor! Nós xa ganamos co ben que o pasamos a facela!!



As nosas manualidades terroríficas!

Durante estas dúas semanas estivemos pasando por todos os recunchos, 

e cando podíamos elexíamos o de Plástica. 

Cris, Marta, Jacobo e Izan aproveitaron e....





O día seguinte tocounos a Dani, María P., Miriam e Raquel. 

Mirade todo o que inventamos!







E onte Héctor, Alejandro e Paula traballamos moito moito...




E fixemos:




Unha visita de medo!

O venres estábamos tan tranquilos traballando na clase, cando, de repente.... 






Queremos agradecer aos pais de Lucía C. que viñeran e que asustaran a case todo o cole, esperamos que o pasárades tan ben coma nós, volvede cando queirades!!

jueves, 23 de octubre de 2014

Unha nube especial

Hoxe, cando estábamos na asemblea, Lucía T. veu unha nube no ceo.... moi negra, moi negra,... negrísima.


E chamounos moito a atención a todos... 




Por iso decidimos falar un pouco do que podía ser:

Lucía: "Una ciclogénesis explosiva, tormenta en todo el suroeste de Galicia
Pablo: "Lluvia"
Leo: "Incendio"
Rodrigo: "Una nube que echa rayos"
Nico: "Es una tormenta"
Marta: "Puede ser lluvia"
Héctor: "Una tormenta"
Hugo: "Una chispa de cuando estaba naciendo el fuego a lo mejor lo encendieron"
Mikel: "Explotaron una casa y salió el humo"
Raquel: "Es una nube negra que andó hasta aquí desde el país que hay aros"
Cris: "Una nube negra que puede llover y hacer un montón de tormenta"
Brais: "Tormenta"
Lucía C.: "Viene de otro país, una tormenta"

Cando volvemos mirar pola ventana xa casi desaparecera... o que nos fixo pensar no motivo...

Nico: "Seguro que era humo"
Rodrigo: "Gracias al viento se fue"

Pensamos que si fora unha tormenta chovería, ou habería mal tempo, en cambio si só se foi co vento, seguro que era fume... 

Raquel: "A lo mejor fueron unos bomberos y lo apagaron"
Mikel: " Era humo de una chimenea"
Jacobo: "Fue culpa del viento que la empujó"

Nese momento a profe Paloma mirou unhas noticias no seu mobil, e veu que onte houbo un incendio na fábrica de Leyma e que se queimara equipamento deportivo, pero ainda así non lle parecía que fora fume dese incendio. Entón pensou que algo se queimaría por ahí, saleu o fume e apagaron o lume

Andrea: "Pero por que no sonó la alarma de incendios?"
Paloma: "Sonaría, pero donde fue el incendio, no aquí en el cole."

Como nos quedamos só con teorías, pregunto donde podemos mirar que pasou na Coruña para que salira ese fume tan negro e desaparecera tan rápido.

Nico: "Podemos mirar cuando salga el tiempo ahí a las tres o así"
Antía: "O en la merienda podemos mirar en el ordenador"

Na hora da merenda miramos as noticias e xa descubrimos que pasou pola mañá:





miércoles, 22 de octubre de 2014

Hoxe fixemos...




Disfrutamos do noso recuncho do Samaín!

Antes de nada quero agradecer ás familias a vosa colaboración no Recuncho do Samaín, aos nenos e nenas encántalle traer cousas da casa para poder xogar despois no tempo de recunchos. Para mostra, unhas fotiños!


Tamén quero que vexades como traballamos noutros recunchos, outro día ensinovos os que faltan!


martes, 21 de octubre de 2014

Creamos os nosos monstros

Como xa sabedes, cada día, catro nen@s elexirán o recuncho de Plástica para poder facer coa axuda da profe monstros e pantasmas con diferentes materiais.





Bailamos no Samaín!!

Estes días, estamos a poñer distintas cancións relacionadas co Samaín, poñémolas no blogue para que as poidades escoitar tamén na casa... A bailar!!













E este corto de Disney tamén o vemos na clase, gustanos moito imitar aos esqueletes!


Que medo!

Como xa sabedes a celebración do Samaín está á volta da esquina e nós xa estamos metidos de cheo no mundo das pantasmas, dos monstros,  dos vampiros,... O luns chegamos á clase e estaba todo adornado, gustounos moito! 




Durante estas dúas semanas nos recunchos, os que eleximos o de Plástica crearemos os nosos monstros, pantasmas, arañas,... 








E como os facemos nós, pois non nos dan nada de medo!!

sábado, 18 de octubre de 2014

Menuda sorpresa!!

Hoxe veu á clase a profe Jessica, que está na clase de 4 anos, a contarnos o que atopou esta mañan paseando ao seu can.... Traía algo nunha caixa de plástico, tapado por unha manta...

 Que sería? A profe díxonos que era un ser vivo...

Podería ser unha mascota? Non o era, é un animal salvaxe...

E Rodrigo dixo: Un ourizo!! 

Sí!

Estaba algo asustado, feito unha boliña, pero despois de un pouco amosounos a súa cariña...

Ata o tocamos e todo!





É tempo de plantar!

Hoxe pola mañan trouxeronnos á clase as Coliflores que imos plantar no Invernadeiro, así que coa axuda de Paloma, alá nos fomos! 






Quedounos moi ben!! 


Voltaremos para ver como van as nosas Coliflores!


viernes, 17 de octubre de 2014

Temos unha invitada no cole!

O xoves pasou algo especial no cole, xuntámonos coa clase de Gina e fomos á biblioteca. Alí recibimos a visita de Rosario, a nai de Hugo, que nos veu a falar sobre a súa profesión. Ela é Fisioterapeuta da Respiración, e traballa no Hospital da Coruña. Pero, que é eso de Fisioterapeuta? Rosario explicounos que o seu traballo está relacionado con todo o que é físico e coa súa terapia, por iso ten ese nome. Ademáis, encárgase de axudar a nenos e nenas que teñen problemas respiratorios a respirar mellor e a expulsar os mocos de maneira máis natural que con mediciñas.




Estivemos todos moi atentos, non nos queríamos perder nada do que nos explicaba Rosario...


Grazas a ela fixemos un repaso a todo o que aprenderamos durante estas dúas semanas co noso proxecto, tanto dos ósos, músculos, aparato respiratorio, dixestivo, circulatorio,... 
e incluso dos sentidos... Sabe de todo!!



Ao final démoslle un gran aplauso á nosa invitada xa que lle estamos moi agradecid@s de que dedicara o seu tempo a preparar a visita e a vir a vernos ao cole.

Moitas grazas, Rosario!! Volta cando queiras!!