miércoles, 29 de octubre de 2014

Concurso de Samaín

Polo Samaín fanse moitas actividades no cole, como a exposición de caretas, o monstro comemedos... 

Outra actividade é o concurso no que cada clase adorna a súa porta, nós apuntámonos sen dúbida!

Investigamos un pouco e gustounos unha idea que vimos na rede, así que alá fomos.

Quitamos unhas fotos poñendo "cara de asustar" e escollemos uns debuxos de pantasmas que recortamos (ou picamos) e nos que pegamos as nosas caras...

Quedaron moi chulos.

A profe colocou un papel azul e un castelo encantado cunha lúa chea... 



Rápidamente a fomos enchendo...






Este foi o resultado:



Gústavos? A nós gustounos moito participar neste concurso.

Que gane o mellor! Nós xa ganamos co ben que o pasamos a facela!!



1 comentario:

  1. Hola Rosa, soy la mama de Lucia T. Me ha parecido una idea estupenda esa que habeis tenido para adornar la puerta de clase y ver a los niños de fantasmas voladores es genial.

    ResponderEliminar