martes, 23 de diciembre de 2014

Aniversarios en Decembro

No último mes do ano, cumplimos anos:



Ata o ano que ven!!



Protagonistas en Decembro!

No mes de Decembro fomos protagonistas: 







Merenda de Nadal

Despedímonos do cole ata Xaneiro cunha merenda especial!







Unha merenda animada!

A última semana de cole tivemos moitas visitas, unha que nos gustou moito foi a dos rapaces e rapazas do instituto, que viñeron a lernos uns contos mentres merendábamos, gustáronnos moito! Vinde cando queirades!





Unha visita moi esperada

Como xa nos dixera a profe, na última semana de cole íamos ter unha visita moi especial, a de Papá Noel, que como cada ano, ven para levar as nosas cartas e para preguntarnos que tal nos portamos este ano... Fomos todos moi bos!!! 

Primeiro fixemos as nosas cartas, e preparámonos para ir á biblioteca, que era onde ía estar Papá Noel.


Cando chegamos, sentamos cos nenos de Gina e preparámonos para recibilo.




E despois cada un entregoulle a súa carta e falamos un pouquiño con él.








Manualidades do Nadal

No mes de Decembro e co motivo das festas de Nadal, fixemos unhas manualidades no recuncho de Plástica para utilizalas como adornos para a nosa casa.

A profe propúxonos facer unha Arbore de Nadal e un reno.

Cada día catro nen@s íamos ao recuncho e traballabamos coa axuda das profes.








 

domingo, 14 de diciembre de 2014

Protagonistas da semana

No mes de novembro, coincidindo cos aniversarios, tamén fomos protagonistas e contámoslles aos compañeiros moitas cousas que non sabían de nós.







Aniversarios Novembro

No mes de novembro cumplimos anos: 







Xa temos 5 anos!!
 


sábado, 13 de diciembre de 2014

Xa somos panadeiros!

Para rematar esta unidade, xa só nos quedaba unha cousa... facer o noso pan!

Primeiro fixemos a receita cos ingredientes que íamos necesitar


Collemos medio litro de auga, que a profe xa quentara no microondas do cole, e separamos un tazón.


E diluimos o sobre de levadura


Despois, nun bol poñemos a fariña


Nesa montaña de fariña facemos un burato


Para despois botarlle sal 


E mezclamos ben todo





Cando a masa xa estaba ben feita, tapámola cun pano mollado e deixámola mentres fomos ao recreo.

Cando voltamos, a profe cortou 23 cachiños e fixemos os nosos pans con diferentes formas.


Logo, colocámolos na bandexa do forno. Con coidado fixémoslles uns cortes para que abrira ben o pan ao cocerse e botámoslle unhas pingas de auga. 

Esperamos 20 minutos e a primeira bandexa xa estaba feita, metemos a outra e despois de outros 20 minutos, os nosos pans xa estaban feitos.



O luns xa lle diremos á profe que tal sabían e si nos gustaron!