Para rematar esta unidade, xa só nos quedaba unha cousa... facer o noso pan!
Primeiro fixemos a receita cos ingredientes que íamos necesitar
Collemos medio litro de auga, que a profe xa quentara no microondas do cole, e separamos un tazón.
E diluimos o sobre de levadura
Despois, nun bol poñemos a fariña
Nesa montaña de fariña facemos un burato
Para despois botarlle sal
E mezclamos ben todo
Cando a masa xa estaba ben feita, tapámola cun pano mollado e deixámola mentres fomos ao recreo.
Cando voltamos, a profe cortou 23 cachiños e fixemos os nosos pans con diferentes formas.
Logo, colocámolos na bandexa do forno. Con coidado fixémoslles uns cortes para que abrira ben o pan ao cocerse e botámoslle unhas pingas de auga.
Esperamos 20 minutos e a primeira bandexa xa estaba feita, metemos a outra e despois de outros 20 minutos, os nosos pans xa estaban feitos.
O luns xa lle diremos á profe que tal sabían e si nos gustaron!