viernes, 20 de febrero de 2015

Paseo dos Templarios

Levamos moitos días con ganas de sair a facer a ruta dos Templarios e ver lugares nos que hai moitos anos estaban e protexían ós peregrinos do camiño inglés, pero polo mal tempo non puidemos, así que onte, aproveitando que non chovía, decidimos facelo.

Primeiro fixemos cinco grupos, e preparamos uns mapas nos que marcaríamos certos elementos que eran da época dos templarios: A parroquia de Santa María do Temple; a ponte romana, que se restaurou na idade media e onde os templarios coidaban a ría do burgo e o Portofaro onde había mercados medievais e tabernas para os peregrinos; os escudos de Cambre e Culleredo que na ponte marcan onde acaba un concello e empeza o outro; e o Punto Kilométrico que hai ó final da ponte que nos dí que faltan 64 kilómetros ata Santiago.


Abrigámonos moi ben, que ainda que non chove, vai moito frío! E saímos do cole polo Paseo dos Templarios.


Primeira parada!! A Parroquia de Santa María do Temple! Onde se bautizou Raquel!


A segunda parada foi a Ponte do Burgo.


Na ponte, mesmo no medio, atopamos os Escudos.

Pablo tiña o escudo de Cambre


E Andrea tiña o de Culleredo


Seguimos andando ata chegar á outra orilla do Río Mero e Miriam atopou o Punto Kilométrico do Camiño Inglés que nos leva a Santiago


Pero tamén vimos outras cousas como por exemplo:

A espada que lle ensinou a nai de Mikel


Outros Escudos que ainda temos que investigar que significan


Uns carteis que nos leeu Lucía T.


 A fonte dos peregrinos


 E despois xa seguimos o camiño ata Santiago... bueno, en realidade fomos para o cole...




Cando chegamos á clase e despois de xogar no patio e merendar, cada equipo marcou nun mapa o recorrido que fixemos.


Facemos rosquillas/galletas polo entroido

Estes días estivemos facendo un recetario de comidas e postres típicos do Entroido: Cocido, filloas, orellas, rosquillas,... E a profe Gina consigueu unha receita de estas para facelas no forno, así que lavamos ben as mans e por turnos fomos botando os ingredientes, misturando ben todo e cando a profe Andrea nos dixo, metemos as mans e amasamos. Aquí vos quedan as imaxes dese día!


Entroido Templario!

Xa que levamos un tempo aprendendo cousas sobre os templarios, nós tamén queremos convertirnos neles no entroido do cole, así que nos puxemos mans á obra coa axuda da profe.














Gustaronvos?? A nós si!!! 

Xa estamos listos para o desfile do entroido




Os Templarios en Cambre

Mikel trouxonos un debuxo que lle fixo a súa nai (gracias Nerea) da ponte do Burgo e do que facían os Templarios en Cambre: protexían aos peregrinos que chegaban do norte de Europa para facer o Camiño Inglés ata Santiago. Como nos gustou moito o debuxo coa axuda da profe fixémolo nun mural:









A nosa guerreira Templaria

Unha vez que traballamos a vestimenta dos templarios e soubemos como se chamaban decidimos facer un mural no que poder plasmalo. Para iso escollemos a unha nena que fixo de modelo: Miriam e entre todos repasamos a súa silueta e a profe fixolle a roupa e armadura, e tamén seguindo turnos repasamos e coloreamos:





O Temple e os templarios

Como xa sabedes, este ano o noso cole está de aniversario. E mirando nun mapa na rede vimos que está no Paseo dos Templarios. Comezamos a falar sobre o que pensamos que son os templarios:
- Son del Temple
- E por que se lle chama Temple a este sitio?
- Y yo que sé, porque es Coruña!
Entón decidimos preguntar ás familias escribindo entre todos unha nota para que nos axuden a saber qué son os templarios e o Temple.

Con toda a información que trouxemos fixemos un mural que colocamos na clase, cantas cousas interesantes!



Incluso nos recantos nos gusta facer cousas relacionadas cos Templarios, como este símbolo: a Cruz Templaria, que fixo Lucía.



Xaneiro no cole

Despois das vacacións de Nadal volvemos á rutina do cole. Nos primeiros dias a profe deixounos xogar moito e pasámolo moi ben nos recunchos, as imaxes valen mais que mil palabras: