lunes, 2 de febrero de 2015

30 de Xaneiro: Día escolar da Non violencia e da Paz.

Neste día tan especial, xuntouse todo o colexio no recibidor, uns sentados, moitos de pe, para facer un acto que recolleu o que entendemos pola paz.

O ciclo de Educación Infantil estivo representado por Lucía, que leu unha frase moi coñecida de Malala Yousafzai : 

"Un neno, un mestre
un libro e un lapis
poden cambiar 
o mundo"


Estamos moi orgullosos de ti, Lucía, fixéstelo moi ben!!

E despois de escoitar aos nenos de cada curso, cantamos entre todos a canción "Un millón de amigos" que preparamos coa profe de música.



No hay comentarios:

Publicar un comentario