lunes, 2 de febrero de 2015

E polo día da Paz


Como xa sabedes, no cole fixemos unha actividade polo día da paz na que solicitamos a vosa colaboración.
Cada neno e nena do colexio tiña que traer da casa unha paxariña de papel coa que entre todos faríamos unha Pomba da Paz, querendo desta maneira que os nenos e nenas fosen conscientes de que a paz faise entre todos.
A nosa aula tamén participou, e o xoves da semana pasada fomos ao recibidor do colexio a pegar as nosas paxariñas. 




Remato esta publicación cunha frase de Mahatma Ghandi, cuia morte se conmemora cada 30 de Xaneiro, pola súa loita pacífica en busca da verdade e da non violencia.
"Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño"

No hay comentarios:

Publicar un comentario