lunes, 2 de febrero de 2015

De pomba a pomba....

... e vou saltando á comba! 

A profe Gina trouxonos á clase un xogo: A Pomba da Paz! Este xogo é moi especial, hai distintas casiñas, e dependendo de donde nos toque teremos que facer diferentes cousas: 
Nunha casiña están Bart e Lisa Simpson dándose unha aperta, entón teremos que darlle unha aperta a un compañeiro.
Noutra hai dous emoticonos dándose un bico, polo cal daremoslle un bico a un amigo.
Noutra hai un corazón. Este quere decir que temos que piropear a un compañeiro.
Cando nos toca a pombiña adiantamos ata a seguinte dicindo: De pomba a pomba, vou saltando á comba!
Despois hai outras casiñas donde hai unha ramiña de oliveira e tres persoaxes importantes para a paz: 
Nelson Mandela, Malala Yousafzai e Mahatma Ghandi. Dos que aprendemos algo estes días.
Hai unha casiña onde hai unha cara enfadada, que nos dí que estando enfadados non conseguimos a paz, así que temos que volver ao principio do xogo.

Cada equipo coloreou as casiñas, todos os nenos, esperando o seu turno. 



Cada neno e nena fixo a súa ficha para xogar


O último paso foi plastificar os taboleiros para poder usalos moitas veces sin que se estropeen.
Foi a primeira vez que vimos unha plastificadora e como funcionaba


E xa está todo listo!! Ahora só queda xogar:




Encantounos xogar á Pomba da Paz!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario