lunes, 16 de marzo de 2015

Volve o Moucho á nosa biblioteca!

A principios de Marzo o Moucho veu a visitarnos e trouxo Contos de Ratiños.


Nesta ocasión trouxo unha pequena caixiña... Todos nos preguntamos que habería dentro... ata que nolo descubreu: 


Eran tres ratiños: Pongo, Rocky e Bily. Ao principio non se lle portaban moi ben, e o Moucho tivo que enfadarse con eles.... ao final contoulles uns contos de Ratiños.

Empezou pola historia titulada: NUBES:


Despois fixeron unha representación doutro conto: O Rato Vello.



Despois da pequena obra, contounos outro conto, O Baño, no que un ratiño encheu o baño e como non se vía limpo de todo, deixou correr a auga ata que caeu da bañeira e encheu o cuarto de baño, e despois caeu pola fiestra....

 
E inundou a casa dos veciños...

 
E todo o pobo!! Toda a xente lle dicía: Pero rapaz!!! Cerra a billa!!! Pero o ratiño nin caso facía!!


Por último, bailamos un pouquiño ao son do acordeón, que ben o pasamos sempre que ven o Moucho!! 
Volve pronto!!!