viernes, 20 de febrero de 2015

O Temple e os templarios

Como xa sabedes, este ano o noso cole está de aniversario. E mirando nun mapa na rede vimos que está no Paseo dos Templarios. Comezamos a falar sobre o que pensamos que son os templarios:
- Son del Temple
- E por que se lle chama Temple a este sitio?
- Y yo que sé, porque es Coruña!
Entón decidimos preguntar ás familias escribindo entre todos unha nota para que nos axuden a saber qué son os templarios e o Temple.

Con toda a información que trouxemos fixemos un mural que colocamos na clase, cantas cousas interesantes!



Incluso nos recantos nos gusta facer cousas relacionadas cos Templarios, como este símbolo: a Cruz Templaria, que fixo Lucía.



No hay comentarios:

Publicar un comentario