sábado, 13 de diciembre de 2014

Como se fai o pan?

Despois de ler o conto da Galiña Roxa, soubemos que para facer o pan primeiro temos que plantar o trigo ou millo, despois recollelo, levalo ao muíño, e dalí xa sae a fariña que se utilizará para facer o pan.

Para ter claro ese procedemento a profe dounos unha ficha na que tiñamos que colorear, recortar e pegar en orde noutro papel. 


Tamén escoitamos este tema de Migallas: Pan de Millo.


Así que nos puxemos mans á obra e debullamos millo



Despois de debullar, xa sabemos que todo ese millo vai ao muíño e que alí se aplasta ata quedar só a fariña.


No hay comentarios:

Publicar un comentario