martes, 14 de octubre de 2014

Un visitante na aula...

O venres recibimos unha visita que xa estivera na aula de Gina, o Esquelete Fermín.



Con él imos aprender algo sobre o noso corpo...
Algo que non podemos ver, pero podemos notar...
Primeiro tocamonos os brazos, as pernas e notamos algo duro, 
Que son? os ósos
Cantos temos? Moitos
Cal é o máis largo? O do brazo
Entón xurdeu a conversa con Jacobo que nos comentou que rompera a tibia, 
Onde está a tibia? Na perna!
E puxémoslle un carteliño no óso da perna co nome.
Despois sinalamos varios ósos decindo como se chaman...
Cal é a función dos ósos? Movernos!
Sabedes que hai debaixo das costelas? Os pulmóns!! 
E por que están ahí? Para protexerse.
Miramos os libros que trouxemos da casa e falamos sobre a función do esqueleto e dos músculos do noso corpo. E descubrimos que temos 206 ósos o óso máis pequeno é o estribo, que está no oído, e o máis longo é o fémur, que está nas pernas.

Cando fomos saludar a Fermín, Marta dixo que lle daba medo, entón falamos de que Fermín non fai mal, xa que é unha maqueta a tamaño real dos ósos. Ademáis, os esqueletos tamén poden ser divertidos, como podemos ver no seguinte video, 


Os nen@s bailaron pola clase imitando os movementos dos esqueletes, e pouco a pouco, Marta foi cambiando a cara de susto por un sorriso, e despois xa se atreveu a saludar a Fermín.

Cando rematou a canción fixemos o noso propio Esquelete Fermín, uns recortamos, outros picamos, pero todos pegamos o noso esquelete nunha cartolina negra e escribimos o seu nome. 

  









No hay comentarios:

Publicar un comentario