miércoles, 8 de octubre de 2014

Comezamos o Proxecto do Corpo

Como xa sabedes, desde o inicio de Outubro comezamos o proxecto: O Corpo Humano.
Primeiro xuntámonos todos e falamos sobre o que sabemos deste tema, o que queremos saber e onde podíamos conseguir a información. Grazas á colaboración das familias conseguimos moitos libros, xoguetes relacionados co corpo, cos sentidos,... incluso trouxeron un esquelete de xoguete! 



Despois, repasamos as partes do corpo que xa coñecemos e fixemos un traballo en grupo.



Tamén escoitamos esta canción de Mamá cabra, a ver si a aprendemos!


No hay comentarios:

Publicar un comentario