viernes, 17 de octubre de 2014

Temos unha invitada no cole!

O xoves pasou algo especial no cole, xuntámonos coa clase de Gina e fomos á biblioteca. Alí recibimos a visita de Rosario, a nai de Hugo, que nos veu a falar sobre a súa profesión. Ela é Fisioterapeuta da Respiración, e traballa no Hospital da Coruña. Pero, que é eso de Fisioterapeuta? Rosario explicounos que o seu traballo está relacionado con todo o que é físico e coa súa terapia, por iso ten ese nome. Ademáis, encárgase de axudar a nenos e nenas que teñen problemas respiratorios a respirar mellor e a expulsar os mocos de maneira máis natural que con mediciñas.




Estivemos todos moi atentos, non nos queríamos perder nada do que nos explicaba Rosario...


Grazas a ela fixemos un repaso a todo o que aprenderamos durante estas dúas semanas co noso proxecto, tanto dos ósos, músculos, aparato respiratorio, dixestivo, circulatorio,... 
e incluso dos sentidos... Sabe de todo!!



Ao final démoslle un gran aplauso á nosa invitada xa que lle estamos moi agradecid@s de que dedicara o seu tempo a preparar a visita e a vir a vernos ao cole.

Moitas grazas, Rosario!! Volta cando queiras!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario