lunes, 13 de octubre de 2014

O Sentido da Vista

A semana pasada, seguindo co noso proxecto do corpo traballamos os sentidos grazas aos cales podemos percibir todo o que nos rodea.

Empezamos coa vista. 
Primeiro falamos un pouco sobre o que sabemos da vista: 
Para que sirve? Para ver
Qué pasa si non vemos ben? Que temos que ir ao médico
Cal é o médico da vista? O oculista
Coñecemos as partes do ollo? .....

Nesta pregunta decidimos mirar nos libros que trouxemos da casa pois non sabíamos como se chamaban as partes do ollo. 

Aprendemos que temos un globo ocular, que o puntiño que temos no medio do ollo chámase pupila, e que o que o rodea é o iris, que é o que ten o color. 

Despois buscamos un video que nos explicara as partes do ollo, e de como é o seu funcionamento.


Despois vimos este video que nos explica qué problemas podemos ter na vista
 e cales son os seus coidados


Unha vez vistos falamos un pouco sobre o que dicían, e xurdiu o caso do pai dunha nena que leva gafas porque de pequeno arrimábase moito á televisión e non lle facía caso aos seus pais, así que tivo que ir ao OCULISTA, que, como xa dixeran antes, é o médico que se encarga da vista, de mirar os nosos ollos e comprobar se vemos ben. Así que fixemos a nosa propia consulta: 


E convirtímonos en OCULISTAS, apuntando a cor do noso IRIS e como nos saíra o TEST DE VISIÓN: 



Estes son os nosos resultados, todos vemos de marabilla!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario