lunes, 24 de noviembre de 2014

Imos ao Cine!

Hoxe fomos de excursión! 
Chegamos á clase e nin sequera quitamos os abrigos, pasamos lista e puxémonos na fila, xa que tíñamos que coller o autobús para ir á Coruña.
O condutor dounos un paseiño: primeiro collemos a autopista e fomos por Alfonso Molina, e despois pasamos polo Porto da Coruña, os xardíns de Mendez Nuñez e vimos unhas obras grandísimas, toda a carretera chea de buratos! 
Cando parou o autobús, sacamos os cintos, e coa axuda das profes fomos ao Centro Galego de Artes da Imaxe. No recibidor ten unha cristalera moi bonita.



Todos miramos para arriba e dixemos o que víamos:
Tiene una calavera!
Y conchas!
La Torre Eiffel!!
Noo!, es la Torre de Hércules!

Xa era a hora da película! Entramos na sala de cine e sentamos.


Dalí a un pouco apagáronse as luces e comezou a función!


Cando remataron as películas demos un aplauso e xa nos fomos para o autobús.
O camiño de volta fíxose máis curto e pasamos cerca de lugares moi coñecidos.
Chegamos á clase e merendamos, despois fixemos uns debuxos sobre o que máis nos gustou das películas de Cocorico e por último xogamos coa plastilina. Algúns nenos fixeron a Cocorico!



Cando a profe nos dixo que recolléramos, pensábamos que íamos ao patio, pero non... xa era hora de ir para a casa! Vaia día de cole máis raro!

No hay comentarios:

Publicar un comentario