jueves, 4 de junio de 2015

Os nosos vermes da seda

A mediados do mes de Abril, a profe Gina ensinounos os seus vermes da seda, e pedímoslle, xa que tiña moitos, que nos deixara un cantos oviños para ver como nacían e o que facían. Mirade que pequeniños eran! 


Eran tan pequenos que precisamos unha lupa para poder velos ben.





Cada día íamolos observando e cando cambiaban algo todos nos sorprendiamos.

Nesta foto casi non se ven,



Pero si achegamos un pouco máis... vemos como van medrando e cambiando de cor.

 
 Comían moito, cada día a profe ía buscar follas de Moreira do patio do colexio, xa que os vermes non comen outra cousa... e eles o único que facían era comer e comer, ainda que tamén facían moita caca, por iso tíñamolos que limpar tamén tódolos días. 



Os seguintes cambios fómolos rexistrando no noso Dossier, e fomos tamén aprendendo cousas sobre os vermes, as súas partes, que teñen e que non teñen (ollos, nariz, orellas,...) e o ciclo de vida... xa que estes vermes van a converterse en bolboretas... que ganas de ver tódolos cambios!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario