miércoles, 8 de abril de 2015

Museo militar da Coruña e Castelo de San Antón

No segundo trimestre, a poucos días de ir de vacacións, fomos de excursión, e como estivemos traballando os castelos e a idade media fomos a visitar o Museo Militar e o Castelo de San Antón. 

Montamos no autobús, e despois de poñer o cinto, empezou a nosa viaxe:


A viaxe foi unha festa, que nos gusta a nós un traxecto en autobús..... 
Chegamos ao Museo Militar e recibeunos unha muller, a guía da visita, pero como éramos moitos, fixemos dous grupos e a nós tocounos como guía un Coronel, que nos explicou moitas cousas sobre as armas, bandeiras,.... 





Antes de irnos a guía contounos a historia da Torre de Hércules, estivemos todos moi atentos!


E xa rematou a visita, e agora a onde imos? Voltamos ao autobús, pero non para ir ao cole, fomos ao Castelo de San Antón!

Cando chegamos estabannos esperando uns rapaces que nos ensinaron o castelo e nos contaron moitas cousas interesantes.





Pasámolo moi ben nesta excursión, e portámonos fenomenal, as profes quedaron encantadas!! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario