jueves, 4 de junio de 2015

Imos ao Correlingua!

Coma todos os anos, na Coruña con motivo das Letras Galegas, fan unha carreira-andaina pola cidade para reivindicar o uso da lingua galega nos colexios e na vida en xeral. Os nenos de Gina e nós decidimos que queremos participar así que nos imos preparar para ir ben guapos e como un grande equipo a favor do Galego.

O primeiro que facemos e deseñar as camisetas e con rotuladores e pintura para telas, imos pintándoas e van quedando moi chulas. Mirade que traballo nos dou, pero,... e o ben que quedaron?




Tamen, entre as dúas clases fixemos unha pancarta, co noso lema: "En equipo, creamos galego"


Cando xa todos tivemos a nosa camiseta feita, mirade que guapos estábamos:



O día 14 de Maio, fómonos para a coruña, coas nosas gorras preparadas, xa que facía algo de sol. 

Chegamos a Riazor e empezou o Correlingua. Fomos todo o camiño cantando as cancións que aprenderamos eses días na aula e pasámolo moi ben... Foi moito camiño, pero portámonos coma campións. 

Chegamos á Torre de Hércules e alí habia preparado un concerto de rock, e bailamos, cantamos ata que xa nos foi hora de irnos. Pero que ben o pasamos!!


Foi unha mañá redonda, non puidemos pedir máis.

Eso sí, antes de rematar esta entrada, dar as grazas ás familias que viñeron a axudarnos a que todo salira ben e a pasar un día de festa con nós, celebrando o galego, todos xuntos coma un equipo.

Grazas de corazón! 



No hay comentarios:

Publicar un comentario